Concello de Crecente

Patrimonio

Pesqueiras de Pousa
Pousa - 36493 Ribeira - Crecente (Pontevedra)
No curso do río Miño, na zona comprendida entre Salvaterra do Miño e Crecente, dunha lonxitude aproximada de 30 quilómetros, encontramos unhas construcións de pedra que penetran na canle do Miño dende ambas as dúas beiras, utilizadas para a pesca, e que reciben o nome de "pesqueiras ou pescos".

Dende o punto de vista histórico, a teoría máis estendida defenden a datación das "pesqueiras" na Alta Idade Media, aínda que tamén hai autores que fixan a súa orixe na época de dominación romana da Península Ibérica.

O conxunto construtivo componse de varios corpos, chamados "poios", de forma paralelepípeda, de posición inclinada ou paralela respecto do curso do río, deixando entre eles unhas quellas estreitas polas que circula parte da auga que leva o río e nas que se colocan as redes con forma de nasa, coñecidas como butróns. As "pesqueiras" están constituídas a base de perpiaños de granito, na súa maioría en seco, integrándose coa estrutura rochosa do ámbito.

Dende o punto de vista xurídico, habería que catalogar estas construcións como propiedade de herdeiros, podendo venderse ou permutar o seu uso, pero non o ben en si mesmo, que é case unha propiedade colectiva.

Segundo a corrente do río, no municipio de Crecente encontramos as seguintes:

FrieiraLonga de Barxelas, Vicenta, Pai, Malicioso, Noviña, Barandoiro, Laxa Longa, Novo, Longa dá Pousa, FollagueiraPonche de Ferro, Rega do Vico.
 

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar