Concello de Crecente

Patrimonio

Pozo do Inferno e ponte peonil sobre o río Ribadil
36429 Vilar - Crecente (Pontevedra)
O río  Ribadil nace na Cañiza e descende formando unha depresión cara a Crecente para entregar as súas augas ao Miño. Por ser afluente deste forma parte do “Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)” e tamén de “Rede Natura 2000” que comprende o Miño e os seus afluentes desde Frieira ata a súa desembocadura na Guarda.

No lugar de A Balboa o Ribadil discorre encaixado e forma unha bonita fervenza e unhas fantásticas pozas dignas de visitar. O lugar foi acondicionado con pasarelas e co denominado  Miradoiro  do Pozo  do  Inferno sobre o mesmo río en febreiro de 2018 e forma parte do denominado  Sendeiro de Vilar.

Existen os restos dunha industria hidráulica que aproveitaba a auga do  Ribadil mediante unha gran canle que aínda se pode observar. O acceso a este é complicado pois a vexetación cómese os accesos.

Xunto ao Pozo  do  Inferno existe un pequeno antigo muíño fariñeiro cuxa actividade tamén parece ser longa pois os restos da súa cuberta de tella e a súa caixa de fariña de cemento proban o seu uso no século  XX.

No transcurso do río atopámonos con numerosos muíños fariñeiros, algúns deles en bo estado de conservación, así como varias pontes antigas que cruzan o río.

Ademais se nos desprazamos ata Mandelos, atopámonos coa nova ponte peonil que cruza tamén o río Ribadil, a cal foi construída no ano 2019, un lugar único pola súa beleza paisaxística así como pola súa riqueza de fauna e flora de toda a contorna, tratándose dunha zona calificada como “Rede Natura Baixo Miño”. E dende onde podemos observar restos dun antigo serradoiro.
 

Galería:

Localización:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar