Concello de Crecente

Educación

CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro

CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro
Rúa Estrada Nº 23 - 36420 Crecente (Pontevedra)
Teléfono: 886 110 194
Fax: 886 110 195

Correo electrónico: Premer aquí
Horario:
De luns a venres de 09:35 a 16:00
No CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro atopamos os niveis de educación infantil e de educación primaria.

Ademais das aulas destinadas ás diferentes titorías e especialidades, posúe unha serie de dependencias e espazos educativos destinados ás distintas especialidades e actividades complementarias que realizan no centro ao longo do curso; entre as que podemos destacar:
  • Biblioteca Escolar: dotada dunha grande cantidade de libros, tanto de lectura recreativa como consultiva, que o alumnado pode levar en préstamo para casa; así como unha serie de equipos multimedia, como computadoras, pizarra dixital e conexión a Internet.
  • Departamento de Orientación: encargado de apoiar a labor do centro e do conxunto do profesorado en todas aquelas actuacións encamiñadas a garantir a formación integral do alumnado; e á adaptación dos procesos de ensino e aprendizaxe ás características e necesidades de todos os alumnos e alumnas.
  • Aula-Obradoiro de Infantil: espazo no que os nenos e nenas desta etapa educativa poden levar a cabo obradoiros de distinto tipo (manualidades, actividades artísticas...).
  • Aula de Plástica e manualidades: na que se levan a cabo este tipo de actividades, tanto no horario lectivo, como non lectivo. Ademais é unha das aulas na que se pon en práctica as seccións bilingües.
  • Aula de Informática: dotada de equipos multimedia (computadoras e pizarra dixital) e conexión a Internet, permite ao alumnado manterse ao día coas novas tecnoloxías.
  • Aula de Audiovisuais: outro dos espazos adicados a levar a cabo os diferentes proxectos e actividades complementarias que realizamos no centro. Nesta aula é na que gravan gran parte dos seus programas de "As Ondas do Miño"; e funciona tamén como redacción do seu xornal escolar "Crecente en Letra".
  • Ximnasio: integrado no propio centro e dotado cunha grande variedade de material lúdico-deportivo, destinado á Educación Física, en Primaria, e á Psicomotricidade, en Infantil.
  • Pavillón: cedido polo Concello de Crecente para a realización, tanto de sesións de E. Física, dentro do horario lectivo; como de actividades extraescolares programadas pola ANPA.
  • Patios: organizados e delimitados por cursos, contan con infraestruturas como areeiro para Infantil, pista de fútbol e baloncesto, patio cuberto, etc.

Escola Infantil "A galiña azul"

A galiña azul - Escola infantil
Rúa García Neira Nº 11 - 36420 Crecente (Pontevedra)
Teléfono: 986 666 493
Teléfono: 663 790 008

Correo electrónico: Premer aquí
Horario:
De luns a venres de 08:30 a 15:30
As escolas infantís da rede "A Galiña Azul" están dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos. Trátase dun servizo público de atención á infancia, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega, ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.

A nosa escola infantil, dispón dun comedor, de sala para a sesta dos cativos, sala de xogos equipada, parque exterior acolchado, despacho e aseos. E oferta un total de 20 prazas cada curso.

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar