O Concello de Crecente dispón do servizo de
policía local (
auxiliar/vixilante), que ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.
Ten encomendadas unha serie de funcións que son:
- Custodiar e vixiar bens, servizos, instalacións e dependencias municipais.
- Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no solo urbano legalmente delimitado, de acordo coas normas de circulación.
- Velar polo cumprimento das ordenanzas, bandos e demais disposicións e actos municipais dentro do seu ámbito de competencia.
- Participar nas tarefas de auxilio ao cidadán e de protección civil, de acordo co disposto nas leis.