O ORAL asume e xestiona, en maior ou menor medida,
delegacións tributarias de diversos concellos da provincia. No noso concello, é competente na xestión e
recadación dos seguintes tributos:
- Imposto sobre Bens Inmobles (IBI).
- Imposto sobre Actividades Económicas (IAE).
- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM).
- Xestión catastral.
- Taxas (auga, lixo e saneamento).
- Multas coercitivas.