O Concello de Crecente pertence ao
Distrito Forestal XVII do Condado - A Paradanta, é por elo que temos á nosa disposición o servizo
dos Gardas Forestais, que se desprazan ao noso concello os mércores en horario de 10:30 a 11:30, para poder realizar a
solicitude de declaración de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Para elo, deberase aportar:
- Referencia catastral do lugar onde se vai a realizar a corta.
- Especificar tipo e cantidade de árbores que se van a cortar.
- Datos personais:
- Nome e apelidos.
- D.N.I.
- Dirección.
- Teléfono.