Concello de Crecente

Patrimonio

Pesqueira
36429 Albeos - Crecente - Pontevedra
Estado conservación: Bo
Titularidade: Cesión ao Concello de Crecente
As pesqueiras (tamén coñecidas como pescos), son un tipo de construcións tradicionais construídas en mamposteria que están ubicadas a beiras dos grandes ríos galegos, como é neste caso o río Miño.

Este río é o que maior concentración de pesqueiras mantén, e sobre todo no curso medio e baixo do río. Na comarca do Condado – Paradanta hai pesqueiras nos concellos de Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño.

Estas construcións eran empregadas xa polos romanos e hai quen afirma que a súa construción é anterior á chegada destes. Adentaranse no río, aproveitando salientes rochosos e lugares con boa corrente para a oxixenación da auga e por conseguinte boas para a lamprea.

Están formadas por uns corpos chamados poios e un corredor de auga entre cada un. Os poios están orientados para dominar as augas e canalizalas polos corredores, para así obrigar a lamprea a pasar por eles, xa que é aquí onde se colocan as grandes redes para atrapalas.

Estas redes, tamén reciben o nome de vitirón ou viturón, teñen forma de cono e está formada no seu interior por unha rede chamada trabadoiro e o exterior están feita con arcos de metal de maior a menor tamaño.

Esta pesqueira da Follagueira foi rehabilitada no ano 2016 a través dun convenio asinado con Turismo de Galicia e desenrolouse en dúas fases. Na primeira delas, leváronse a cabo accións de limpeza; retirada de materiais non acordes (formigón); restauración total con aportación de materiais de similares características ao existente (pedra); preparación de pesqueira de crecida como obradoiro e con colocación de paneis informativos e aparello de pesca; e acondicionamento e melloras de accesibilidade, pavimentando a base de perpiaños. Conta con catro poios, sendo o último en parte natural. Entre estes corpos ábrense tres canles cara a onde se dirixe a auga e neles dispoñíase o vitirón ou viturón para a pesca da  lamprea.

Galería:

Localización:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar