Enmarcada no século
XVIII, é
levantada sobre outra pequena ermida que existía no lugar. Presenta unha portada con arco de medio punto con grandes doelas e un óculo cercado por unha moldura plana. Espadana central de dobre van. Posúe
dúas capelas laterais, unha a cada lado da nave o que crea unha
planta en cruz latina, cunha ábsida que destaca en altura. Cuberta a dúas augas. Ao campanario accédese pola escaleira exterior.
Posúe un reloxo de sol.
Galería:
Localización: