Dedicada ao
Cristo dos Aflixidos, data do
1913 (século
XX), é unha edificación de pequenas dimensións.
Presenta unha portada con porta central de arco de medio punto e moldura plana e dúas ventás laterais tamén de arco de medio punto.
A espadana posúe un oco de medio punto e pináculos laterais con cuberta a dúas augas.
Lateralmente ten un cruceiro sobre base, fuste liso e cruz con talle de vulto redondo nas súas dúas caras. Importante por ser un antigo cruzamento de rutas do Camiño Real.
Galería:
Localización: