Concello de Crecente

Patrimonio

Ermida da Virxe do Camiño
Sinada nº 2 - 36428 Freixo - Crecente (Pontevedra)
Época: Século XIV
Estilo: Transición Románico - Gótico
Estado conservación: Bo
Titularidade: Eclesiástica
Ermida situada no alto dun monte, a 4 Km. da vila de Crecente. É de estilo románico tardío en transición ao gótico e está formada por unha nave sen presbiterio diferenciado e un pequeno soportal cadrado. Enmarcada a súa construción no século XIV, foi restaurada no ano 1763 e presenta un engadido do ano 1916. Ademais, posúe unha inscrición nunha pedra encaixada na ábsida que di "reedificada por Juan Pérez Baylón de Crecente no ano 1619".

A fundación deste santuario relátase coa seguinte lenda "camiñaba o cabaleiro Mendoza" (século X) cando alcanzándoo o demo exclamou: "vállame Deus, San Juan, as tres misas de Nadal e a Virxe do Camiño", e lanzou unha pedra ao aire que sinalou a localización da ermida da Virxe do Camiño".

Significativa por encadrase nunha antiga ruta do Camiño de Santiago, posúe nas súas inmediacións un cruceiro románico de gran valor escultórico e ornamental. Trátase dunha cruz latina de pedra dunha soa peza situada nunha rocha con relevo de medio vulto coas imaxes de Cristo crucificado na parte frontal e da Virxe coroada cun neno Xesús nos brazos na parte posterior.
 

Galería:

Localización:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar