Concello de Crecente

Noticias

 As axudas de emerxencia básicas da Deputación de Pontevedra xorden co obxectivo de proporcionar aos concelloapoio económico para poder atender as demandas de urxente e puntual necesidade das veciñas e veciños do concello que se atopen en situación ou risco de exclusión social, que ao longo do ano 2020 foron máis importantes se cabe, que en edicións anteriores deste programa, pola situación de emerxencia sanitaria que incrementou as situacións en risco de vulnerabilidade socio económica.

As axudas deron prioridade a cubrir as necesidades de familias con menores ao seu cargo que se atopan en situación de exclusión social ou en risco de estalo e as demandas foron xestionadas a través dos servizos sociocomunitarios municipais.

Gracias a este programa, financiado pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Crecente tramitou axudas que beneficaron a un total de 39 unidades de convivencia, das cales 17 tiñan menores a cargo, e 20 a todos os seus membros (en idade laboral) en situación de desemprego).

As axudas contaron un importe de 7.097,29 euros e foron destinadas á compra de alimentos e productos de primeira necesidade e hixiene e pagamento de recibos e productos farmacéuticos, contribuíndo coas familias e unidades de convivencia máis vulnerábeis do Concello de Crecente.

O concello de Crecente xa traballa na convocatoria de Axudas da anualidade 2021, dotando de continuidade a este importante servicio e tentando prever as situacións de risco socioecnómico no Concello.

Galería:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar