Concello de Crecente

Patrimonio

Pazo da Fraga e Capela de Santa Marta
Santa Marta Albeos nº6 - 36429 - Crecente (Pontevedra)
Época: Século XV
Estilo: Barroco
Estado conservación: Bo
Titularidade: Privada
Este pazo atópase situado no barrio de Santa Marta, na parroquia de Albeos.

Trátase dun conxunto histórico do século XV integrado por pazo, canastro, eira, muíño, xardín e terreo de tres hectáreas dedicado á viñedo, piñeiral e bosque poboado exclusivamente de árbores autóctonas.

A Torre de defensa é a construción máis antiga do Pazo, datada do século  XV. O resto de estancias que conforman o recinto foron construídas posteriormente e as súas funcións foron as propias dunha casa solariega galega, contando con dormitorios, salóns, lareira (cociña tradicional de leña), adegas de viño, cuadras de gando, hórreo e muíño de auga. Anteriormente pertencían tamén ao Pazo un gran pombal e unha capela que hoxe en día está cedida.

Presenta unha planta rectangular, un patio interior e a un lado unha torre con pináculos, a cal presenta nun dos seus costados unha garita sobre ménsulas. O portalón de entrada, alintelado, encóntrase enmarcado por unha moldura plana, presentando na cornixa un copete que engloba ao escudo da familia Costas e Sarmiento que o posuía en tempos pasados.

Son poucos os datos históricos que temos deste pazo, xa que os seus arquivos foron roubados, pero podemos destacar que nel estiveron aloxados o Gran Capitán Don Gonzalo de Córdoba, e Maximiliano de Austria, Emperador de México.

A capela é unha construción eclesiástica do século XVIII, con portada alintelada e ventás a cada lado. Posúe unha espadana central cun único van e na cornixa presenta moldura de gola.

Pertencía antigamente ao Pazo da Fraga, pero foi doada á parroquia por parte dun dos seus herdeiros, que dedicado ao exercicio eclesiástico non posuía descendencia. Igualmente aconteceulle á antiga reitoral de Albeos, tamén pertencente en épocas pasadas ao devandito pazo.
 

Galería:

Localización:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar