Unha das principais características de Galicia é a nosa riqueza paisaxística, e para poder desfrutala, o visitante vese obrigado a realizar unha parada neste punto situado na estrada que
une as poboacións de A Cañiza e Filgueira.
Aquí atópase o “
Miradoiro de Guillade”, localizado en “
O Coto Grande” do monte “
Chan da Porteira”, paraxe
pertencente a parroquia de Filgueira.
Dende este lugar o visitante desfrutará dunha
panorámica espectacular de indubidable beleza e valor ao ver os meandros do Río Miño no seu fluír cara ao Océano Atlántico, dunha vista na beira dereita do río atópase a citada parroquia de Filgueira, e enfronte pódese contemplar a Vila Termal ourensá de Cortegada de Baños.
Galería:
Localización: