Concello de Crecente

Patrimonio

Igrexa de San Caetano
Lugar Capilla nº8 - 36492 Quintela - Crecente (Pontevedra)
Época: Século XIX
Estado conservación: Bo
Titularidade: Eclesiástica
O nome do lugar da súa localización "A Capilla", fai referencia á antiga capela ligada á Colexiata de Crecente atendida por un racioneiro que existía no lugar que se sitúa o actual templo.

Referente a este dato, consérvase nun lintel dunha casa da parroquia a inscrición: "D.M.A. y P" e a calidade deste personaxe "racioneiro".

Do século XIX, presenta planta rectangular e fachada con porta alintelada, dúas ventás rectangulares e espadana central de dobre van. A ábsida destacada en altura presenta unha cuberta a catro augas, mentres que o resto do edificio posúe cuberta a dúas augas.
 

Galería:

Localización:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar