Concello de Crecente

Patrimonio

Castro
Sabanle - 36492 Quintela - Crecente (Pontevedra)
Época: Idade de Ferro
"A Cidá" é o nome co que se coñece ao castro situado na parroquia de San Caetano de Quintela, concretamente na zona coñecida como "Sabanle". Estamos ante un castro fortificado da Idade do Ferro emprazado topograficamente nunha pequena elevación do val situado xustamente na marxe dereita do río Miño a 126 metros sobre o nivel do mar.

castro ou poboado amurallado, hai que entendelo como un lugar habitado onde se desenvolvían actividades cotiás, familiares, sociais e económicas. O número de castros en Galicia é relativamente alto, xa que se considera que hai aproximadamente sobre uns 3.500, pero esta cifra non se pode concretar debido á falta de estudos territoriais concretos.

Ao igual que a maioría dos castros do noroeste peninsular, o castro da Cidá está sen escavar, xa que só o 1% dos castros de Galicia foron escavados en maior ou menor extensión, mentres que os restantes aparecen cubertos por diferentes estratos de terra, podendo ser identificados tras un recoñecemento do terreo. Neste caso, ao igual que a maioría dos castros, a súa forma sobre o terreo é lixeiramente ovalada, determinada pola súa situación, xa que o recinto amurallado do castro adáptase ás condicións orográficas. Na súa parte superior presenta cróaa que aparece alterada por escavacións furtivas. Na parte baixa de cróaa e cara ao SUESTE presenta un pequeno aterrazamento que dá paso á muralla exterior. No lado NO, esta pequena terraza convértese nunha ampla superficie rodeada por unha muralla que chega a alcanzar os 10 m. de altura.

Rescatáronse diversos restos arqueolóxicos do castro da Cidá como son restos de cerámica indíxena, un trisquel de raios curvos e o torso dun guerreiro labrado nun bloque de pedra. Pódese destacar especialmente a figura do guerreiro, xa que este tipo de imaxes son moi escasas e apareceron sobre todo no sur de Pontevedra e Ourense, aínda que o maior número de achados son do norte de Portugal. É unha figura estática, armada, esculpida en vulto redondo onde destaca a súa frontalidade.

Estes restos custódianse no Museo arqueolóxico de Pontevedra e no Quiñóns de León de Vigo.
 

Localización:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar